14 nov. 2012

Premios cooperativismo no ensino




O pasado luns, 11 de xuño de 2012 comunicóusenos que a clase de 1º curso de Ed. Primaria foi galardoada no certameCooperativismo no ensino 2012”, organizado polo Consello Galego de Cooperativas dependente da Consellería de Traballo e Benestar, co primeiro premio da modalidade de alumnos/as de 1.º e 2.º de educación primaria.

Neste certame valóranse as iniciativas que potencien e propicien os valores e principios que inspiran o cooperativismo, tales como a solidariedade, o espírito democrático, a participación, a actuación colectiva ou a solución de conflitos , de forma pactada.

A experiencia que nos presentamos amosa o traballo da nosa aula ao longo do curso. Nela inclúense actividades coma a edición da nosa revista (onde as apartacións das familias foron fundamentais), os talleres de educación en valores, o traballo na aula e na casa con bibliografía especifica en materia de comprensión social e valoración da diferenza e a nosa colaboración e participación activa no proxecto Monfero Solidario.


Open publication - Free publishing - More cooperacion


Co gallo deste recoñecemento participamos nas celebracións do día do cooperativismo en Galicia. Foi o día 7 de xullo, no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, no que nun día repleto de actividades fíxose entrega dos diferentes galardóns.
Foi unha experiencia inesquecible, da que participamos familias, alumnado e profesorado.
Se queredes ver máis información, imaxes e vídeos desta actividade podedes picar no seguinte enlace: